Ansiedade

A ansiedade é unha resposta natural do corpo ante situacións que percibimos como ameazantes ou estresantes. Todos sentimos ansiedade en algún momento das nosas vidas, pero cando esta sensación se volve constante, intensa ou interfire co noso día a día, pode converterse nun problema que afecta ao noso benestar.


Algunhas sintomas comúns da ansiedade inclúen:


  • Sentimento constante de nerviosismo, axitación ou tensión
  • Aceleración do ritmo cardíaco ou respiración entrecortada
  • Dificultade para concentrarse ou manter a calma
  • Problemas para conciliar o sono ou descansar adecuadamente
  • Pensamentos intrusivos e preocupacións que parecen incontrolables
  • Molestias físicas como mareos, náuseas ou dores de cabeza


Se te identificas con algún destes síntomas, é importante saber que non estás só. A ansiedade pode ser debilitante, pero co enfoque terapéutico adecuado, é posible aprender a manexala e reducir o seu impacto na túa vida.


¿Como che podo axudar?


O meu enfoque baséase na comprensión de que cada persoa é única e que as súas experiencias de ansiedade poden variar. A través dun proceso de avaliación inicial, identificaremos xuntos os factores que contribúen á túa ansiedade e desenvolveremos un plan de intervención personalizado.


A investigación demostrou que un enfoque integral, que combina a terapia cognitivo-conductual con técnicas de relaxación e mindfulness, pode ser altamente efectivo para reducir os síntomas de ansiedade e mellorar a calidade de vida.


Traballaremos no desenvolvemento de estratexias de afrontamento que che axuden a manexar a ansiedade na túa vida diaria, e tamén consideraremos o impacto dun estilo de vida saudable, fomentando hábitos que contribúan ao teu benestar emocional.

    escríbeme

    Outros servizos