
O estrés é unha resposta natural do corpo ante situacións que percibimos como esixentes ou ameazantes. É unha reacción normal ante os desafíos da vida, como o traballo, os estudos, as relacións ou os cambios importantes.
Con todo, cando o estrés se volve constante e non se xestiona adecuadamente, pode ter un impacto negativo na nosa saúde física e emocional.
Sintomas comúns do estrés:
- Físicos: Dor de cabeza, tensión muscular, fatiga, problemas dixestivos, aumento do ritmo cardíaco ou respiración acelerada.
- Emocionais: Irritabilidade, sensación de agobio, ansiedade, dificultade para relaxarse ou gozar das cousas.
- Cognitivos: Dificultade para concentrarse, esquecementos frecuentes, pensamentos acelerados ou negativos.
- Condutais: Problemas de sono, cambios no apetito, consumo de substancias ou condutas evasivas.
O estrés prolongado pode afectar gravemente a nosa calidade de vida, provocando esgotamento, problemas de saúde e dificultades nas relacións persoais e laborais. Por iso, é fundamental aprender a recoñecer os síntomas e xestionalo de maneira adecuada.
¿Como podo axudarche?
No ámbito do estrés, podo ofrecerche un enfoque baseado na evidencia para comprender e xestionar a túa experiencia. Analizaremos como os factores psicolóxicos e ambientais inflúen no teu nivel de estrés e traballaremos na identificación de patróns de pensamento que poden contribuír a unha maior reactividade emocional.
A través de técnicas que promoven a atención plena, aprenderás a regular as túas respostas fisiolóxicas e emocionais ante situacións estresantes.
Tamén exploraremos como a calidade das túas interaccións sociais pode afectar a túa percepción do estrés e a importancia de establecer límites claros nas túas relacións. Este enfoque integral permitirache desenvolver unha maior resiliencia e manexar o estrés de maneira máis efectiva na túa vida diaria.