Duelo

O duelo é o proceso emocional que atravesamos tras unha perda significativa, xa sexa a morte dun ser querido, a ruptura dunha relación, a perda dun traballo, ou mesmo un cambio de vida importante.


É unha experiencia profundamente persoal e única para cada persoa, e pode manifestarse de diferentes maneiras, desde tristeza e confusión ata enojo, culpa ou illamento.


Aínda que o duelo é unha parte natural da vida, ás veces pode volverse abrumador e complicarse, afectando profundamente o noso benestar emocional e as nosas relacións.


¿Como te podo axudar?


O duelo non só implica unha perda, senón tamén a transformación da nosa vida e das nosas relacións. O obxectivo é, polo tanto, facilitar a adaptación á nova realidade, promovendo a sanación e o benestar emocional a longo prazo.


A través de diálogos, actividades e estratexias de afrontamento, axúdoche a recoñecer e a validar o teu sufrimento, mentres buscamos maneiras de lembrar e valorar o que perdiches.


Estou aquí para ofrecerche un espazo seguro onde poidas expresar os teus sentimentos sen xuízo, validando cada emoción que xurda no camiño. Bríndoche o apoio necesario para que poidas explorar, expresar e entender o que sientes. 

    escríbeme

    Outros servizos